Ola! Ben seguro que estes
días oístes falar no cole de pulseiras e cestas feitas con xuncos, de
marcapáxinas realizados con depresores, de pousavasos de cortiza e outros
moitos obxectos elaborados a partir de materiais extraídos do monte. Canta
riqueza nos proporciona!, verdade?. Pois todo isto forma parte do noso proxecto
“Montentérate” e queríamos aproveitar toda esta riqueza para organizar unha
“feira artesanal” á que vós e as vosas familias estades convidados. Non vos esquenzades!
Será o mércores 18 de maio ás 14.30h. no patio do cole. Agardámosvos! É por
unha boa causa: a financiación da nosa excursión de final de curso.
http://blogs.ua.es/didacticadelageografia/files/2014/12/bus.jpgç |
Os alumnos/as de 6º.