Montentérate
Translate
martes, 9 de diciembre de 2014
lunes, 3 de noviembre de 2014
Se pinchades no seguinte enlace, veredes unha noticia da Voz de Galicia da que sodes protagonistas...
Enlace teatro leído
Enlace teatro leído
martes, 28 de octubre de 2014
Morto pero..resucitado
Morto,
pero…
resucitado
A miña bisavoa era maior, pero aínda se lembraba perfectamente de moitísimas historias que lle
contaba á miña nai. Miña nai aínda se lembrea desta que vos vou contar:
Anos
atrás, a xente morría, pero, en ocasións, revivía, .Eu cóntovos.... escoitade con
atención!.
Nunha casa humilde, como en moitas da miña aldea natal , morreu un home
que traballa na mina. Naqueles anos, as
persoas asistían na casa ao falecido .Todos estiveron presentes no funeral: amigos,
primos, tíos, pais, fillos ... Era habitual ofrecerlle comida aos asistentes ao
velorio. A muller do difunto puxera unas sardiñas para facelas na sarten. Pasado
un tempo desde que terminou de facer a comida, comezou a escoitar algúns
xemidos . As persoas que estaban alí non sabían de onde poderían sair
aqueles xemidos. Despois dun tempo todo
volveu a estar en silencio.
A familia comezou a comer, porque aínda faltaban unhas horas para o
enterro do señor. Comezaron a escoitarse de novo xemidos , de onde saían?
... Todos se miraban , pero ninguén dicía nada, ata que unha das fillas decidiu achegarse á caixa ... cando se escoita un gran laio .... que pasou ?. A muller
do falecido acercouse á súa filla. Eestaba pálida, branca coma a neve. Tiña os ollos como se saísen do seu rostro ... os
familiares non entendían nada, preguntábanlle que lle pasara , pero ela non podía falar? Sentarona nunha cadeira de
costas á parede, deronlle un vaso de auga , e dixo .”papá, papá, papá …papá está
vivo !. O pai da nena foi quen xemeu, non
por morto , se non polo cheiro da comida.
Lara Sestayo
Lendas da zona...
A PEDRA CABALEIRA
Fonte: a miña avoa, a lenda
contoulla súa nai.
No
Monte do Castelo, Anxeriz, existe unha pedra grande que se chama a Pedra
Cabaleira e ao lado hai outra pedra plana. Conta a lenda que a Pedra Cabaleira
levouna ata alí unha anciá na cabeza e a que está ao lado levouna de molido.
A FÉRVEDA DE ENTRECRUCES
Fonte: a miña avoa, a lenda
contoulla súa nai.
Conta a lenda que na férveda
de Entrecruces hai unha viga de ouro enterrada. Algunhas veces foron varias
persoas para intentar sacala, pero de momento sen resultado.
Xairo Campos
Xairo Campos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)