Translate

Mostrando entradas con la etiqueta Montentérate. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Montentérate. Mostrar todas las entradas

lunes, 29 de junio de 2015

viernes, 26 de junio de 2015

Viaxe a Vigo

Viaxamos a Vigo para asistir á charla sobre as especies invasoras, en Naturnova.


Esperando o bus..

miércoles, 17 de junio de 2015

Por fin chegou o vídeo da travesía a Cortegada!


Coñecemos o Monte do Río do Sol







Unha paradiña a media camiño...
O depósito do que se surte o helicoptero anti-lumes.

Que maravilla de viveiro con estes pinos canarios e ésta conífera tan bonita!. Unha preciosidade.



martes, 16 de junio de 2015

Onte visitounos Alberto Varela, enxeñeiro forestal da madeireira Finsa. Comezou a súa exposición destacando o valor do monte. A continuación, pasou a explicarnos o proceso de transformación que segue a madeira extraída dos nosos montes ata chegar á fabricación dos distintos tipos de produtos derivados da mesma:  taboleiros de aglomerado e MDF recubertos de melamina, chapa de madeira, tarimas de finsfloor, compoñentes para mobles, etc.
 Tamén nos falou da política medioambiental da empresa encamiñada a protexer e preservar o medio.
 Moitísimas grazas Alberto!
Grazas tamén polos agasallos. Hoxe xa lle demos bo uso na excursión ao Monte do Río do Sol.

miércoles, 20 de mayo de 2015

Hoxe foi un día trepidante pero pagou a pena

Moitísimas grazas a todos por ser tan xenerosos/as!
Rematando as últimas cestas...


Por fin todo listo

Comezan a chegar os primeiros clientes...


Finalmente despois dunha dura poxa Eva quedou coa xardineira.



jueves, 14 de mayo de 2015

Visita da Presidenta da Mancomunidade "Monte do Río Sol"


Onte visitounos a Presidenta da Mancomunidade "Monte do Río Sol". Foi unha charla moi instructiva. Falounos da  orixe da mancomunidade formada nada menos que por 811 ha!,  das súas funcións como presidenta, dos estatutos da asociación, dos seus proxectos pasados que non chegaron a materializarse- plantación de maceiras para a elaboración de sidra, cría de porcos celtas-dos que si se materializaron ( instalación de 18 aeroxeradores no ano 1996) e dos futuros, entre os que salienta  a plantación da batata por parte da empresa Termobiológicas para obter combustible, tema que suscituou moito interés por parte dos alumnos. Esperemos que as negociacións cheguen a bo porto!.
Temos moitas ganas de visitar este paraxe natural da parroquia de Silván que mesmo conta cun gran depósito de agua do que se abastecen os helicópeeros antilume. Ten que ser unha maravilla contemplar eses montes salpicados pola centaurea ultreiae con tantas especies árboreas distintas que dan abeiro aos corzos, raposos.. . Moitas grazas por todo Lola!

martes, 12 de mayo de 2015

 Xa queda pouco para o mercadillo. Estamos traballando a tope!






Mirade, as prantas dos garabanzos xa teñen flor!

Como medraron os tulipáns, os xacintos, as anémonas,...! Que preciosidade, verdade?



martes, 5 de mayo de 2015

Lembrades as sementes que trouxemos de Fonteboa? Despois de semanas de cultivo na clase- e na casa, gracias Lara!, por fin as trasplantamos ao exterior e así quedaron. Que vos parece?
 
E unhas semanas despois...


martes, 14 de abril de 2015

Con motivo do día da árbore-Confemadera, dentro do proxecto Montentérate-, organizou unha vídeo-conferencia na que participaron varios centros escolares, entre os que se atopa o noso cole. Foi moi interesante e versou sobre a importancia das árbores na nosa vida,  aclaráronnos moitas dúbidas que tiñamos, sobre todo aquelas en torno á construcción empregando a madeira como substituta doutros elementos como o formigón, o cemento ou o acero. O arquitecto Michael Green, é, precisamente, partidario desta substitución e así o está poñendo en práctica nunha das súas obras. Deixovos o enlace http://www.ecologiaverde.com/sustituir-cemento-acero-y-hormigon-por-madera. 
Tamén prantamos 21 árbores -cerdeiras e carballos-no patio do centro, como recordo de cada un de vós cando marchedes para o instituto.