Translate

domingo, 24 de mayo de 2015

miércoles, 20 de mayo de 2015

A nosa particular entrevista a Xosé Fernando Filgueira Valverde...


Hoxe foi un día trepidante pero pagou a pena

Moitísimas grazas a todos por ser tan xenerosos/as!
Rematando as últimas cestas...


Por fin todo listo

Comezan a chegar os primeiros clientes...


Finalmente despois dunha dura poxa Eva quedou coa xardineira.



martes, 19 de mayo de 2015

Comeza a conta atrás, mañá a feira de artesanía!


Ola! Ben seguro que estes días oístes falar no cole de pulseiras e cestas feitas con xuncos, de marcapáxinas realizados con depresores, de pousavasos de cortiza e outros moitos obxectos elaborados a partir de materiais extraídos do monte. Canta riqueza nos proporciona!, verdade?. Pois todo isto forma parte do noso proxecto “Montentérate” e queríamos aproveitar toda esta riqueza para organizar unha “feira artesanal” á que vós e as vosas familias estades convidados. Non vos esquenzades! Será o mércores 18 de maio ás 14.30h. no patio do cole. Agardámosvos! É por unha boa causa: a financiación da nosa excursión de final de curso.
http://blogs.ua.es/didacticadelageografia/files/2014/12/bus.jpgç 
           
Os alumnos/as de 6º.





Estamos de noraboa resultamos premiados no concursó de " O monte é a nosa vida"na categoría de Plan Proxecta

 Lista de gañadores

jueves, 14 de mayo de 2015

Visita da Presidenta da Mancomunidade "Monte do Río Sol"


Onte visitounos a Presidenta da Mancomunidade "Monte do Río Sol". Foi unha charla moi instructiva. Falounos da  orixe da mancomunidade formada nada menos que por 811 ha!,  das súas funcións como presidenta, dos estatutos da asociación, dos seus proxectos pasados que non chegaron a materializarse- plantación de maceiras para a elaboración de sidra, cría de porcos celtas-dos que si se materializaron ( instalación de 18 aeroxeradores no ano 1996) e dos futuros, entre os que salienta  a plantación da batata por parte da empresa Termobiológicas para obter combustible, tema que suscituou moito interés por parte dos alumnos. Esperemos que as negociacións cheguen a bo porto!.
Temos moitas ganas de visitar este paraxe natural da parroquia de Silván que mesmo conta cun gran depósito de agua do que se abastecen os helicópeeros antilume. Ten que ser unha maravilla contemplar eses montes salpicados pola centaurea ultreiae con tantas especies árboreas distintas que dan abeiro aos corzos, raposos.. . Moitas grazas por todo Lola!

martes, 12 de mayo de 2015

 Xa queda pouco para o mercadillo. Estamos traballando a tope!






Mirade, as prantas dos garabanzos xa teñen flor!

Como medraron os tulipáns, os xacintos, as anémonas,...! Que preciosidade, verdade?



martes, 5 de mayo de 2015

Lembrades as sementes que trouxemos de Fonteboa? Despois de semanas de cultivo na clase- e na casa, gracias Lara!, por fin as trasplantamos ao exterior e así quedaron. Que vos parece?
 
E unhas semanas despois...