Translate

martes, 28 de octubre de 2014

Mapa interactivo:Ríos de España

Morto pero..resucitado



    Morto, pero…
resucitado
A miña bisavoa era maior, pero aínda se lembraba  perfectamente de moitísimas historias que lle contaba á miña nai. Miña nai aínda se lembrea desta que vos vou contar:
Anos atrás, a xente morría, pero, en ocasións,  revivía, .Eu cóntovos.... escoitade con atención!.
Nunha casa humilde, como en moitas da miña aldea natal , morreu un home que traballa na mina. Naqueles anos,  as persoas asistían na casa ao falecido .Todos estiveron presentes no funeral: amigos, primos, tíos, pais, fillos ... Era habitual ofrecerlle comida aos asistentes ao velorio. A muller do difunto puxera unas sardiñas para facelas na sarten. Pasado un tempo desde que terminou de facer a comida, comezou a escoitar algúns xemidos . As persoas que estaban alí non sabían de onde poderían sair aqueles  xemidos. Despois dun tempo todo volveu a estar en  silencio.
A familia comezou a comer, porque aínda faltaban unhas horas para o enterro do  señor. Comezaron  a escoitarse de novo xemidos , de onde saían? ... Todos se miraban , pero ninguén dicía nada, ata que unha  das fillas decidiu achegarse  á caixa ...  cando se escoita un gran laio ....  que pasou ?.  A muller  do falecido acercouse á súa filla. Eestaba pálida, branca coma a  neve. Tiña os  ollos como se saísen do seu rostro ... os familiares non entendían  nada,  preguntábanlle que lle pasara , pero ela  non podía falar? Sentarona nunha cadeira de costas á parede, deronlle un vaso de auga , e dixo .”papá, papá, papá …papá está vivo !. O pai da nena foi quen xemeu, non  por morto , se non polo cheiro da comida. 

 Lara Sestayo

Lendas da zona...



A PEDRA CABALEIRA
Fonte: a miña avoa, a lenda contoulla súa nai.
No Monte do Castelo, Anxeriz, existe unha pedra grande que se chama a Pedra Cabaleira e ao lado hai outra pedra plana. Conta a lenda que a Pedra Cabaleira levouna ata alí unha anciá na cabeza e a que está ao lado levouna de molido.

A FÉRVEDA DE ENTRECRUCES
Fonte: a miña avoa, a lenda contoulla súa nai.
Conta a lenda que na férveda de Entrecruces hai unha viga de ouro enterrada. Algunhas veces foron varias persoas para intentar sacala, pero de momento sen resultado.



Xairo Campos