Translate

jueves, 14 de mayo de 2015

Visita da Presidenta da Mancomunidade "Monte do Río Sol"


Onte visitounos a Presidenta da Mancomunidade "Monte do Río Sol". Foi unha charla moi instructiva. Falounos da  orixe da mancomunidade formada nada menos que por 811 ha!,  das súas funcións como presidenta, dos estatutos da asociación, dos seus proxectos pasados que non chegaron a materializarse- plantación de maceiras para a elaboración de sidra, cría de porcos celtas-dos que si se materializaron ( instalación de 18 aeroxeradores no ano 1996) e dos futuros, entre os que salienta  a plantación da batata por parte da empresa Termobiológicas para obter combustible, tema que suscituou moito interés por parte dos alumnos. Esperemos que as negociacións cheguen a bo porto!.
Temos moitas ganas de visitar este paraxe natural da parroquia de Silván que mesmo conta cun gran depósito de agua do que se abastecen os helicópeeros antilume. Ten que ser unha maravilla contemplar eses montes salpicados pola centaurea ultreiae con tantas especies árboreas distintas que dan abeiro aos corzos, raposos.. . Moitas grazas por todo Lola!

martes, 12 de mayo de 2015

 Xa queda pouco para o mercadillo. Estamos traballando a tope!






Mirade, as prantas dos garabanzos xa teñen flor!

Como medraron os tulipáns, os xacintos, as anémonas,...! Que preciosidade, verdade?



martes, 5 de mayo de 2015

Lembrades as sementes que trouxemos de Fonteboa? Despois de semanas de cultivo na clase- e na casa, gracias Lara!, por fin as trasplantamos ao exterior e así quedaron. Que vos parece?
 
E unhas semanas despois...


martes, 14 de abril de 2015

Con motivo do día da árbore-Confemadera, dentro do proxecto Montentérate-, organizou unha vídeo-conferencia na que participaron varios centros escolares, entre os que se atopa o noso cole. Foi moi interesante e versou sobre a importancia das árbores na nosa vida,  aclaráronnos moitas dúbidas que tiñamos, sobre todo aquelas en torno á construcción empregando a madeira como substituta doutros elementos como o formigón, o cemento ou o acero. O arquitecto Michael Green, é, precisamente, partidario desta substitución e así o está poñendo en práctica nunha das súas obras. Deixovos o enlace http://www.ecologiaverde.com/sustituir-cemento-acero-y-hormigon-por-madera. 
Tamén prantamos 21 árbores -cerdeiras e carballos-no patio do centro, como recordo de cada un de vós cando marchedes para o instituto.