Translate

martes, 12 de mayo de 2015

Mirade, as prantas dos garabanzos xa teñen flor!

Como medraron os tulipáns, os xacintos, as anémonas,...! Que preciosidade, verdade?



martes, 5 de mayo de 2015

Lembrades as sementes que trouxemos de Fonteboa? Despois de semanas de cultivo na clase- e na casa, gracias Lara!, por fin as trasplantamos ao exterior e así quedaron. Que vos parece?
 
E unhas semanas despois...


martes, 14 de abril de 2015

Con motivo do día da árbore-Confemadera, dentro do proxecto Montentérate-, organizou unha vídeo-conferencia na que participaron varios centros escolares, entre os que se atopa o noso cole. Foi moi interesante e versou sobre a importancia das árbores na nosa vida,  aclaráronnos moitas dúbidas que tiñamos, sobre todo aquelas en torno á construcción empregando a madeira como substituta doutros elementos como o formigón, o cemento ou o acero. O arquitecto Michael Green, é, precisamente, partidario desta substitución e así o está poñendo en práctica nunha das súas obras. Deixovos o enlace http://www.ecologiaverde.com/sustituir-cemento-acero-y-hormigon-por-madera. 
Tamén prantamos 21 árbores -cerdeiras e carballos-no patio do centro, como recordo de cada un de vós cando marchedes para o instituto. 


















jueves, 12 de marzo de 2015

Chegou a indusrialización e con ela a Revolución agrícola que supuxo a mecanización dos procesos agrícolas. Raúl e Javier explican, a continuación, como funcionan algunhas destas máquinas.

lunes, 9 de marzo de 2015