Morto,
pero…
resucitado
A miña bisavoa era maior, pero aínda se lembraba perfectamente de moitísimas historias que lle
contaba á miña nai. Miña nai aínda se lembrea desta que vos vou contar:
Anos
atrás, a xente morría, pero, en ocasións, revivía, .Eu cóntovos.... escoitade con
atención!.
Nunha casa humilde, como en moitas da miña aldea natal , morreu un home
que traballa na mina. Naqueles anos, as
persoas asistían na casa ao falecido .Todos estiveron presentes no funeral: amigos,
primos, tíos, pais, fillos ... Era habitual ofrecerlle comida aos asistentes ao
velorio. A muller do difunto puxera unas sardiñas para facelas na sarten. Pasado
un tempo desde que terminou de facer a comida, comezou a escoitar algúns
xemidos . As persoas que estaban alí non sabían de onde poderían sair
aqueles xemidos. Despois dun tempo todo
volveu a estar en silencio.
A familia comezou a comer, porque aínda faltaban unhas horas para o
enterro do señor. Comezaron a escoitarse de novo xemidos , de onde saían?
... Todos se miraban , pero ninguén dicía nada, ata que unha das fillas decidiu achegarse á caixa ... cando se escoita un gran laio .... que pasou ?. A muller
do falecido acercouse á súa filla. Eestaba pálida, branca coma a neve. Tiña os ollos como se saísen do seu rostro ... os
familiares non entendían nada, preguntábanlle que lle pasara , pero ela non podía falar? Sentarona nunha cadeira de
costas á parede, deronlle un vaso de auga , e dixo .”papá, papá, papá …papá está
vivo !. O pai da nena foi quen xemeu, non
por morto , se non polo cheiro da comida.
Lara Sestayo
No hay comentarios:
Publicar un comentario